Desde16,60 €
Teatro Colón | A Coruña
05 Decembro 2026 12:00
Fanzine Fest celebra a súa duodécima edición como unha das principais citas dedicadas á música electrónica de vangarda e ás artes audiovisuais contemporáneas. Do 2 ao 7 de decembro, A Coruña convértese nun punto de encontro para artistas, público e profesionais de diferentes países a través dunha programación innovadora e multidisciplinar. Impulsado por Fanzine Project, o festival conecta talento local e internacional e ofrece unha mirada aberta a algunhas das propostas máis estimulantes da creación sonora e visual contemporánea.
NORMAS DE ACCESO AO RECINTO
• Toda persoa que acceda ao recinto no que terá lugar o espectáculo deberá facelo con entrada, independentemente da súa idade ou de que ocupe ou non butaca.
• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.
• Non está permitida a entrada ao recinto no que terá lugar o espectáculo con comida nin bebida, agás auga.
• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos programados. Non está permitido sacar fotos nin realizar gravacións antes, durante nin ao finalizar o espectáculo sen a autorización da organización.
RECOMÉNDASE:
Actuar con responsabilidade.
Avenida Marina, n7A, A Coruña
15001 A Coruña