Desde4,00 €
Teatro Colón | A Coruña
15 Novembro 2026 20:00
Emocións é un espectáculo músico-literario que transforma a poesía de Manuel Curros Enríquez nunha experiencia escénica de grande formato. A través dunha sucesión de pezas musicais, narracións e intervencións corais, a obra percorre as emocións presentes nos versos do poeta do Rexurdimento galego: a dor, a esperanza, a memoria, o amor, a perda ou a celebración. Música, palabra, canto coral, baile tradicional e interpretación únense nunha proposta que achega a obra de Curros ao público contemporáneo desde unha perspectiva artística e emocional, convertendo a poesía nunha experiencia viva e compartida.
Espectáculo músico-literario
Música orixinal: Manuel Alejandro López Pérez
Texto narrativo: Baldo Ramos
Dirección musical: Miguel Pérez Lorenzo
Participan:
Banda Municipal de Música de Celanova
Coral de Ruada
Coro Cidade de Vigo (ONCE)
Coro da Escola Municipal de Música de Vigo
Coral Polifónica Solpor de Celanova
Rebulir Cultura Tradicional Solistas vocais e instrumentais.
Duración: 110 minutos
NORMAS DE ACCESO AO RECINTO
• Toda persoa que acceda ao recinto no que terá lugar o concerto debe facelo con entrada, independentemente da súa idade ou de ocupar ou non butaca.
• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.
• Non está permitida a entrada ao recinto no que terá lugar o concerto con comida nin bebida, agás auga.
• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos / concertos programados. Non se permite facer fotos nin gravar antes, durante nin ao finalizar o concerto sen a autorización da organización.
• Unha vez comezado o concerto, non se permitirá o acceso á sala.
RECOMÉNDASE:
Actuar con responsabilidade.
Avenida Marina, n7A, A Coruña
15001 A Coruña