Menú
Ciclo Músicas Posíbeis - DANZA, LUZ. LETICIA REY

Ciclo Músicas Posíbeis - DANZA, LUZ. LETICIA REY

Desde4,00 €

Teatro Colón | A Coruña

22 Novembro 2026 20:00

Danza Luz é unha proposta escénica creada pola cantante e compositora galega Leticia Rey que combina música en directo, danza contemporánea e creación visual nun espectáculo de forte carácter sensorial.  Partindo do concepto da sombra como parte inseparable da experiencia humana, a artista constrúe unha viaxe emocional que explora a perda, o duelo, a transformación e a esperanza. A través dunha coidada posta en escena, a música convértese nun espazo de encontro entre luz e escuridade, entre vulnerabilidade e beleza.  Acompañada por un conxunto de músicos e unha intérprete de danza contemporánea, Leticia Rey presenta unha creación interdisciplinar que integra son, movemento, iluminación e escenografía nun universo artístico coherente e evocador.

Espectáculo musical multidisciplinar 

Duración: Aproximadamente 75-90 minutos 

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

• Toda persoa que acceda ao recinto no que terá lugar o concerto debe facelo con entrada, independentemente da súa idade ou de ocupar ou non butaca.
• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.
• Non está permitida a entrada ao recinto no que terá lugar o concerto con comida nin bebida, agás auga.
• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos / concertos programados. Non se permite facer fotos nin gravar antes, durante nin ao finalizar o concerto sen a autorización da organización.
• Unha vez comezado o concerto, non se permitirá o acceso á sala.

RECOMÉNDASE:
Actuar con responsabilidade.

Como

chegar

Avenida Marina, n7A, A Coruña

15001 A Coruña