Menú
NORTE CINEMA DIVERSO – Mulleres directoras galegas

NORTE CINEMA DIVERSO – Mulleres directoras galegas

Desde3,50 €

Teatro Colón | A Coruña

25 Novembro 2026 21:00

Inauguración: LesCoruña, LesWorking, Fundación 26 de Diciembre, CoruFest, CuacFM, CASCO, Poten100mos.

Curtas

Bolboreta (6’)
Dir. Lucinda Rey Escribano. Intérpretes: Gabriela Rey Carballo, Alba Estévez Rodríguez, M.º del Carmen Capelete Santos, Martín Viñas Albores. Galicia 2026. Temática: L. "Bolboretas é unha emotiva historia de autodescubrimento, complicidades e intimidade adolescente ambientada nun pobo costeiro galego, alá nos anos 80. A trama segue a estreita amizade entre Gabriela e Alba, dúas xoves compañeiras de clase que comparten as vivencias típicas da súa idade. Coa intención de preparar as súas futuras experiencias románticas con rapaces que lles gusten, Gabriela propónlle a Alba quedar a sós polas tardes para 'practicar bicos' antes de ter o seu primeiro mozo. E así, entre as madeiras dun barco varado, o que comeza como un xogo inofensivo fará aflorar emocións imprevistas."

Corre (18’)
Dir. Saamira Gana. Intérpretes: Lucía Veiga, Sara Miranda, Saamira Ganay. Galicia 2026. Temática: Distopía, L. "Nunha distópica A Coruña, Iria e Amira ocultan o seu amor para protexer á súa filla Alex. A través dos seus ollos e a súa cotiandade entendemos o colapso do noso sistema, impoñéndose un réxime totalitario que crea unha falsa sensación de seguridade."

Delicuente (12’)
Dir. Alba Domínguez Serén. Intérpretes: Alba Domínguez Serén, Nuria Vil. Galicia 2024. Temática: Documental, L. "La Maradona fue la líder de una banda de delincuencia juvenil del Vigo de los 80. Su recuerdo colectivo vuelve a la vida en los versos de Nuria Vil, en una pieza visual que rescata la historia obrera de la ciudad olívica y la literatura contemporánea."

As liñas discontinuas (90’)
Dir. Anxos Fazáns. Intérpretes: Mara Sánchez, Adam Prieto, Alberto Rólan, Ana Fórneas, Lidia Veiga, Mónica García. Galicia 2025. Temática: Drama, Mulleres, Maiores, Trans. "Bea é unha muller de 50 anos que se está separando do seu marido. O día no que ten que abandonar o fogar no que viviu os últimos vinte anos chega á súa casa e atópase todo patas para arriba e a un dos ladróns durmido na súa cama. Denís é un mozo trans de 28 anos que, a pesar de estudar unha carreira, loita coa precariedade laboral e a falta de oportunidades. Despois de pasar tres días xuntos, cada un deberá continuar o seu camiño."

Invitadas: Lucinda Rey Escribano, Saamira Ganay, Alba Domínguez, Anxos Fazáns.

Como

chegar

Avenida Marina, n7A, A Coruña

15001 A Coruña