Menú
NORTE CINEMA DIVERSO – Encontro público e artistas "Traxectos" - Clausura

NORTE CINEMA DIVERSO – Encontro público e artistas "Traxectos" - Clausura

Desde3,50 €

Teatro Colón | A Coruña

27 Novembro 2026 17:30

Piedra, papel, tijera (19’)
Dir. Miguel Ángel Olivares. Intérpretes: Saida Benzal, Cuca Escribano, Luisa Gavasa, Nacho Guerreros, Raúl Tejón. España 2025. Temática: Drama, G, VIH, Eutanasia. "Mateo, un afamado escritor, reúne os seus amigos na súa casa durante unha fin de semana para propoñerlles un xogo: compartir o seu mellor recordo con el. Ao final, elixirá un gañador. Que segredo esconde esta inocente proposición? Cal é o premio que ningún quere gañar?"

Violetas (18’)
Dir. Borja Escribano. Intérpretes: Javier Pereira, Alfonso Bassave, Christian Sampedro, María Cantuel, Pablo Viña. España 2024. Temática: Drama, G, Memoria histórica. "En 1945, baixo a opresiva sombra da ditadura franquista, Juan, un axudante de profesor universitario, coñece a Manuel nun encontro casual nocturno nun parque. Coas súas reservas iniciais, desenvólvese entre eles unha complexa historia de amor, moldeada polo turbulento clima político e a incomprensión de quen lles rodea."

Dafne y Pol (17’)
Dir. Sergio Checa. Intérpretes: Dafne Cano, Aitana V., Antonio Romero, Rosa Bonmatí, Alán Sánchez. España 2025. Temática: Drama, L, B, Lesbofobia, Bullying.

Alwasiyya (20’)
Dirs. Magda Calabrese e Richard Zubelzu. España 2026. Temática: Documental, G, duelo. "Alwasiyya narra a historia de Pepe, quen tras a morte do seu marido Ricardo emprende unha viaxe interior para reconciliarse coa ausencia, redescubrir a súa identidade e abrirse a novas formas de estar no mundo. A través da súa experiencia, o espectador percorre paisaxes de amor, memoria e resiliencia. Curto documental que ofrece unha mirada ao duelo, a memoria e a transformación persoal, conectando o individual con algúns dos debates sociais máis relevantes da actualidade."

Invitados: Richard Zubelzu, Magda Calabrese, José Luis Díaz, X.A. Ferreiro (MDM).

Música: Zavala (acústico)

Entrega de premios, presentación de colectivos, discurso NCD, presentación da película, proxección das curtas gañadoras.

Iván & Hadoum (101’)
Dir. Ian de la Rosa. Intérpretes: Herminia Loh, Silver Chicón, Úrsula Díaz Manzano, Esperanza Guardado, Cisco Lara, Nico Montoya, Isabelle Stofell. España 2026. Temática: Drama, Romance, Trans, emigración, ámbito laboral.



Como

chegar

Avenida Marina, n7A, A Coruña

15001 A Coruña