Menú
LA CUBANA - La cuisine de ma cousine

LA CUBANA - La cuisine de ma cousine

Desde47,52 €

Teatro Colón | A Coruña

Desde o 14 Xaneiro 2027

Ata o 17 Xaneiro 2027

130 min

La Cubana regresa á Coruña para presentar o seu novo espectáculo de título afrancesado, La cuisine de ma cousine. Un «melodrama culinario» made in La Cubana (feito á súa maneira) que serve, nesta ocasión, para adentrarnos no mundo da gastronomía e no que, utilizando os típicos ingredientes «cubaneros» aos que sempre nos teñen afeitos —humor, música, ritmo, cor, sorpresas, participación e, nesta ocasión, tamén moita complicidade local—, nos farán mergullarnos nesta «tolemia gastronómica» que se apoderou de todos nós nos últimos tempos.

Unha tolemia non só por comer ben e saborear pratos para «bocas pequenas», senón tamén por esa necesidade de «figurar» e de que todo o mundo saiba que estamos comendo e onde o estamos facendo.

Teremos a sorte de que o Teatro Colón se converta, durante uns días, no epicentro da gastronomía mundial.

E ata aquí podemos ler…

Duración: 130 minutos sen descanso

EQUIPO CREATIVO

Idea orixinal do espectáculo e dirección: Jordi Milán | Guión: Jordi Milán, Toni Sans e Rubèn Montañá | Música orixinal: Albert Mora | Escenografía: Cesc Colomina | Deseño de imaxe, vídeos e contido audiovisual: Joan Rodón | Vestiario: Cristina López | Deseño de son: Roger Blasco e Roger Quera | Deseño de iluminación: Antonio Salas | Coreografía: Toni Sans e Edu Lacueva | Deseño gráfico: Raúl Pascuali | Atrezzo: Àlex Rodríguez e Xavi Tena | Perrucaría e caracterización: Raúl Herrera | Axudante de escenografía: Àlex Rodríguez | Auxiliares de vestiario: Leo Quintana, Montse Ricart, Tanti Fabregat e Natàlia Maragall | Próteses dentais e atrezzo especial: David Chapanoff

Administración: Natalia Morillas, Jean Villegas | Xefe de comunicación: Pol Vinyes | Xefe de produción: Frederic Santa-Olalla | Axudante de produción: Maru Roque | Axudante de dirección: Toni Torres | Dirección: Jordi Milán

A COMPAÑÍA

Àlex Gonzàlez, Montse Amat, Toni Sans, Rubèn Montañá, Ariadna Clapés, Àlex Rodríguez, Lourdes Domènech, Aina Quiñones, David Bonilla, Toni Rosal, Joan Preseguer e Edu Lacueva.

EQUIPO TÉCNICO

Dirección técnica: Miquel Arnau | Técnico de son: Roger Quera | Técnico de iluminación: Antonio Salas

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

  • Toda persoa que acceda ao recinto no que terá lugar o espectáculo deberá facelo con entrada, independentemente da súa idade ou de que ocupe ou non unha butaca.

  • Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.

  • Non está permitida a entrada ao recinto no que terá lugar o espectáculo con comida nin bebida, agás auga.

  • Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos programados. Non está permitido sacar fotografías nin realizar gravacións antes, durante nin ao finalizar o espectáculo sen a autorización da organización.

  • Unha vez comezado o espectáculo, non se permitirá o acceso á sala.

RECOMÉNDASE:

  • Actuar con responsabilidade.

Como

chegar

Avenida Marina, n7A, A Coruña

15001 A Coruña