Menú
O Galiverso explora o ceo

O Galiverso explora o ceo

Desde0,00 €

Sala Seminario, Andar 0, Museo Centro Gaiás | Santiago de Compostela

Desde o 29 Xullo 2026

Ata o 06 Setembro 2026

Idade mínima: 8 anos

 Información práctica

Galiverso explora o ceo conta con acceso de balde, reservando praza nesta páxina ou no despacho de billetes do Museo Centro Gaiás.

Horario: De martes a domingo (agás festivos) de 11 a 14 h e de 16 a 20 h.

Quendas de 8 persoas cada 45 minutos. Último acceso: 13.15 h pola mañá e 19.00 h pola tarde

Pódese acceder ao Galiverso a partir dos 8 anos de idade. Os menores de 12 anos deben estar acompañados/as durante a experiencia dunha persoa adulta responsable



O Galiverso estrea unha nova experiencia de realidade virtual coincidindo coa grande eclipse total de sol que se pode ver en Galicia en agosto de 2026. En O Galiverso explora o ceo únense realidade virtual, astronomía e historia nunha experiencia divulgativa, didáctica e atractiva para todos os públicos.

Así, a Cidade da Cultura convida a cidadanía a descubrir este verán unha fascinante viaxe de exploración espacial a través do seu espazo tecnolóxico de realidade virtual: un lugar onde se conxuga a vangarda dixital coa divulgación científica e o rico patrimonio astronómico e arqueolóxico de Galicia.

O Galiverso explora o ceo ofrece ao público dúas modalidades de experiencia inmersiva diferentes e complementarias:

Explora o ceo: Esta travesía convida ao público a relaxarse mentres unha cápsula virtual o transporta por algúns dos ceos nocturnos máis puros de Galicia. Os participantes poderán visitar o Observatorio de Pena Trevinca —o primeiro destino Starlight de Galicia—, a casa natal do astrónomo Ramón María Aller Ulloa en Lalín, o maxestoso Dolmen de Axeitos ou experimentar o abraio do mar de ardora na praia de Louro, en Muros. A viaxe serve tamén como unha profunda ferramenta de concienciación ambiental fronte á ameaza da contaminación luminosa. 

Experimenta a eclipse: Unha proposta altamente interactiva, desenvolvida en colaboración co Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) da USC, onde as persoas usuarias se  converten en parte activa da mecánica celeste. A través dunha visión de 360 graos, a experiencia permite interactuar e manipular o sistema Sol-Terra-Lúa desde o propio corazón do sistema solar e entender os movementos astronómicos, as forzas gravitacionais, e por que se producen os eclipses.

Así mesmo, o público poderá simular o vindeiro trío de eclipses desde diferentes localizacións xeográficas emblemáticas como Fisterra, a Torre de Hércules, Pena Trevinca ou a propia Cidade da Cultura. 

Como

chegar

Monte Gaiás s/n, Santiago de Compostela

15707 Santiago de Compostela