Menú
HÁBITATS

HÁBITATS

Desde3,50 €

Sede Afundación Vigo – Planta 1 | Vigo

Desde o 12 Novembro 2026
Ata o 13 Marzo 2027

30 minutos

Idade mínima: 6 anos

Hábitats. Natureza estendida é unha experiencia inmersiva de realidade mixta que explora a diversidade dos ecosistemas do noso planeta nunha viaxe a través dos cinco continentes. A través de oito destinos, poderemos interactuar con espazos, animais e plantas recreados con detalles asombrosos grazas ás tecnoloxías de realidade virtual e aumentada.

Desde o deserto de Sonora nos Estados Unidos ata a Gran Barreira de Coral en Australia, desde o mar de Weddell na Antártida ata a Cova de Ceza en O Courel, entre outras localizacións, a nosa aventura contará con elefantes, osos, tartarugas, baleas, axolotes e moitas outras especies que teremos o privilexio de observar de preto nos seus hábitats naturais, grazas a uns cascos de realidade virtual.

A instalación estará aberta dende o 12 de novembro de 2026 ata o 13 de marzo de 2027. Cada sesión dura aproximadamente 30 minutos e ten unha capacidade de 10 persoas que poden experimentala simultaneamente. Consulta a continuación as sesións dispoñibles e reserva a túa entrada.

Esta actividade, coorganizada por Afundación, a Obra Social ABANCA e a Xunta de Galicia a través da Fundación Cidade da Cultura, foi conceptualizada e desenvolvida por Carlos Seijo, director do estudo galego Maxina.

ENTRADAS

As primeiras entradas xa están á venda a través de Ataquilla e na sede de Afundación en Vigo. Prezo: 3,50 € (gastos de xestión incluídos). Compra a túa entrada aquí!

Se pertences a un centro educativo, ponte en contacto co Departamento de Educación de Afundación por correo electrónico a [email protected] ou por teléfono no +34 986 129 032 para consultar as datas dispoñibles e reservar unha visita para o teu alumnado (desde 4º de primaria ata Bacharelato e Formación Profesional).

INFORMACIÓN PRÁCTICA

● Esta actividade é axeitada para persoas de 6 anos ou máis. Os nenos menores de 12 anos deben participar baixo a supervisión dun adulto responsable.

● Os visitantes deben chegar 5 minutos antes da hora programada.

● Esta actividade non se recomenda para persoas con claustrofobia, vertixe, problemas cardíacos, antecedentes de convulsións ou sensibilidade á luz.

● As instalacións son accesibles para persoas con mobilidade reducida.

● Adoptamos un protocolo de hixiene meticuloso: todo o equipamento desinfectase coidadosamente para garantir unha esterilización eficiente entre cada visitante.

● Debido ao uso de tecnoloxía avanzada, as instalacións poden requirir mantemento non planificado, o que podería provocar atrasos ou cancelacións.



Como

chegar

Policarpo Sanz 24-26, Vigo

36202 Vigo