Desde3,50 €
Sede Afundación A Coruña. Planta -1 | A Coruña
Dende o 24 abril ao 13 setembro 2025
30 minutos
Idade mínima: 6 anos
Hábitats. Naturaleza extendida é unha experiencia inmersiva de realidade mixta que explora a diversidade dos ecosistemas do noso planeta nunha viaxe polos cinco continentes. A través de oito destinos, poderemos interactuar con espazos, animais e plantas recreados con niveis de detalle sorprendentes utilizando tecnoloxías de realidade virtual e de realidade aumentada.
Dende o deserto de Sonora en Estados Unidos ata a Gran Barreira de Coral de Australia, dende o mar de Weddell na Antártida ata a Cova de Ceza no Courel, entre outros, na nosa aventura atoparémonos con elefantes, osos, tartarugas, baleas, axolotes e moitas outras especies que teremos o privilexio de observar de preto, grazas aos seus propios hábitats de realidade virtual.
A instalación estará aberta do 24 de abril ao 13 de setembro de 2025, de luns a sábado (incluídos festivos). Serán dez sesións cada día, catro pola mañá e seis pola tarde, cunha duración aproximada de 30 minutos cada unha. Ata 10 persoas poderán vivir a experiencia simultaneamente en cada sesión. Consulta as sesións dispoñibles a continuación e reserva a túa entrada.
Esta actividade, coorganizada por Afundación, Obra Social ABANCA, e a Xunta de Galicia a través da Fundación Cidade da Cultura, foi conceptualizada e desenvolvida por Carlos Seijo, director do estudio galego Maxina.
ENTRADAS
As primeiras entradas xa están á venda a través de Ataquilla e no local de Afundación A Coruña. Prezo: 3,50 € (gastos de xestión incluídos). Compra a túa entrada aquí! Novas datas próximamente.
Se pertences a algún centro educativo ponte en contacto co Departamento de Educación de Afundación a través do correo electrónico [email protected] ou no teléfono 981 18 65 49, consulta as datas dispoñibles e reserva a visita para o teu alumnado (desde 4o ata BAC e FP).
INFORMACIÓN PRÁCTICA
• Actividade prohibida para menores de 6 anos. Os menores de 12 anos deberán ir acompañados dun adulto responsable que deberá mercar tamén unha entrada; Os menores de 8 anos deberán realizar a actividade coa axuda dun adulto.
• Os visitantes deben chegar 5 minutos antes da hora da súa reserva.
• Non se recomenda a entrada para persoas con claustrofobia, vertixe, enfermidades cardíacas, antecedentes de convulsións ou sensibilidade á luz.
• A instalación é accesible para persoas con mobilidade reducida.
• Adoptamos un minucioso protocolo de hixiene: todos os equipos están coidadosamente desinfectados para proporcionar unha esterilización eficiente entre cada visitante.
• Debido ao uso de tecnoloxía avanzada, a instalación pode requirir un mantemento non planificado que pode provocar atrasos ou cancelacións.
• A actividade xógase en bucle; cando ves a escena inicial de novo, a experiencia remata. A duración aproximada é de 30 minutos.
Rúa Cantón Grande, 8, A Coruña, A Coruña
15003 A Coruña