Desde5,40 €
Cidade da Cultura de Galicia. Museo Centro Gaiás. Andar -1 | Santiago de Compostela
28 Decembro 2025 20:30
55 minutos
TRIPULA: teatro dentro dun globo aerostático | Nadal no Gaiás 2025-26
Tripula é unha viaxe estática dentro dun globo aerostático. Un espectáculo para navegar fóra do mundo, deixándose levar polo aire e a imaxinación.
Dous científicos descubriron un novo xeito de viaxar e neste Nadal no Gaiás presentaranllo a un grupo de pasaxeiros e pasaxeiras! Tras moito traballo e esforzo atrévense por fin a amosar ao público a súa gran revolución dos medios de transporte: o GLOBO ESTÁTICO!
O Globo Estático voa entre os límites da realidade, chegando a lugares que ata agora ninguén sospeitaba sequera que existían. Unha viaxe que promete ser tranquila e poética, malia que poida xurdir algún atranco que obrigará aos pasaxeiros e pasaxeiras a incorporarse a unha tripulación inverosímil.
Un espectáculo dentro dun globo? Si! Da man de Farrés brothers i cía e neste lugar efémero e pouco habitual, o público emprenderá unha viaxe cara ao descoñecido: un xogo, unha experiencia, unha aventura chea de maxia na que, malia non moverse fisicamente, entraremos nunha nova dimensión onde a capacidade de imaxinar ten o poder.
Farrés Brothers i cía
Pep Farrés, Jordi Farrés e Jordi Palet unen esforzos e talento para, desde 2002, contar historias rodeados de trastos, xestos, palabras e monicreques, tocando temas pouco habituais dun xeito orixinal e afastado de ensinanzas e camiños trillados. Máis de 1.500 funcións con personaxes cargados de humor e emoción, na procura dos mundos posibles que se agochan dentro deste mundo imposible.
Ficha artística
Info práctica
— Espectáculo familiar
— Entrada: 5 € (+gastos de xestión) á venda en Ataquilla.com ou no despacho de billetes do Museo Centro Gaiás
— Duración: 55 minutos.
— Todas as persoas (adultas e menores de idade) deben adquirir unha entrada para acceder ao espectáculo
Descontos
— Descontos do 20% sobre o prezo da entrada para: persoas xubiladas, desempregadas, en situación de discapacidade, familias de especial consideración (artigo .9 Lei 3/2011, de 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia), persoal laboral da Cidade da Cultura de Galicia e entidades residentes, estudantado e persoal laboral das universidades galegas, Carné xove, e integrantes do Club Gaiás.
Cidade da Cultura de Galicia, Edificio Museo Centro Gaiás, Monte Gaiás s/n, Santiago de Compostela
15707 Santiago de Compostela