Menú
CANCHAL XI. SOBRE de ENSALLE TEATRO con JUAN NAVARRO e TERRORISMO DE AUTOR

CANCHAL XI. SOBRE de ENSALLE TEATRO con JUAN NAVARRO e TERRORISMO DE AUTOR

Desde5,00 €

SALA DE EXPOSICIÓNS DO AUDITORIO | Cangas

06 Xullo 2024 20:00

70 minutos

Procedencia:Galicia
Dirección:Ensalle en colaboración con Juan Navarro & Terrorismo de autor
Autoría:Pedro Fresneda
Destinado a: Adulto
Estrea:Estrea absoluta
Presentación:2024
Duración:70'

A COMPAÑÍA
Colectivo de creación e investigación escénica contemporánea (Madrid, 1996) con sede en Vigo desde 2003, Ensalle é a suma dos creadores Raquel Hernández, Pedro Fresneda e Artús Rei e do seu percorrido conxunto desde 2005. As súas creacións próximas ao experimental, son o resultado dun traballo en continuidade levando á escena propostas híbridas que mesturan linguaxes cun contido socio-político-vital e en colaboración con outras e outros creadores. Con 26 producións na súa traxectoria, presentaron os seus traballos en España, Colombia, México, Chile, Arxentina, Uruguai e Portugal.

SINOPSE
Un espazo mutante intervido polo colectivo de creación escénica Ensalle, Juan Navarro e Terrorismo de Autor. O traballo arguméntase a través dun -falso catálogo de asuntos- como reacción á homoxeneidade temática das sociedades contemporáneas. Do mesmo xeito adquire relevancia o feito de que cada momento escénico sexa, valéndose do mesmo texto, unha peza distinta, pretendendo eludir o momento industrial polo que atravesan as artes vivas. Evitando o produto.

FICHA ARTÍSTICA
Autor: Pedro Fresneda
Con: Raquel Hernández, Artús Rei, Pedro Fresneda, Juan Navarro e Terrorismo de autor
Iluminación: Pedro Fresneda e Jaume Blai Beneito
Espazo sonoro: Juan Navarro e Pedro Fresneda
Produción executiva: Jorge Rúa
Produción en xira e distribución: María Costa
Coaching: Ultharino Fuentes
Fotografía: Elena Vázquez, María Costa
Unha produción de Ensalle Coproduce MITCFC (Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas)

Como

chegar

Av. de Lugo, 27A, Cangas

36940 Cangas