Menú
34 FIOT CARBALLO. FIOT EN RUTA. THE MOMENTO IMPRO – Absurdia

34 FIOT CARBALLO. FIOT EN RUTA. THE MOMENTO IMPRO – Absurdia

Desde5,50 €

CENTRO SOCIAL DE VERDILLO | Carballo

26 Outubro 2025 18:00

Unha paisaxe desolada: podería se un vertedoiro, unha fábrica abandonada ou unha trincheira. Montóns de cadeiras desordenadas. Tres personaxes abafados por completar unha tarefa que non comprenden e que nunca termina. Falan, calan, discuten, retórcense, pelexan e abrázanse. Parece que non poden marchar.

Absurdia é un espectáculo de improvisación, inspirado no teatro do absurdo e na poética do clown, no que os actores dan vida aos personaxes, improvisan diálogos e desenvolven escenas a partir das suxestións do público. Unha fábula que se rí do absurdo da condición humana: da inxenuidade e da vileza, da soidade, da fraxilidade, dos fracasos ou a incomunicación.

Esta compañía pioneira da impro en Galicia está formada polos destacados clowns galegos Daniel Blanco, Arturo Cobas e Antón Coucheiro. A partir de situacións esperpénticas, diálogos delirantes e humor xestual, crean en directo, ante os espectadores, unha obra que combina risa, reflexión e emoción. A obra gañou recentemente o Festival Iberoamericano de Teatro Improvisado celebrado na República Dominicana e o Impro Fest de Alacante

TODOS OS PÚBLICOS

Como

chegar

A Garrida, 19, Verdillo

15108 Carballo