Menú
34 FIOT CARBALLO. PONT FLOTANT – Adolescencia infinita

34 FIOT CARBALLO. PONT FLOTANT – Adolescencia infinita

Auditorio Pazo da Cultura de Carballo | Carballo

10 Outubro 2025 21:00

Idade mínima: 12 anos

Son unha sociedade secreta de persoas extremadamente divertidas e aburridas, apáticas e pasionais, medorentas e arriscadas, directas e enigmáticas. Lúcidas. Abertas a miles de posibilidades. Por uns instantes, quereríamos pertencer a esta sociedade para revivir todo o pracer e a dor do proceso de transformación máis brutal na vida dunha persoa.

Tres adultos intentan entender a adolescencia desde a madurez. A través de divertidas situacións de convivencia confrontaremos a súa mentalidade coa dos adultos, buscando o encontro e rompendo estereotipos. Que lembramos dese período tan cheo de vida e destrución? Que recuperariamos daqueles anos e que desexariamos borrar?

A través do humor, da ironía e da tenrura, música en directo e moita hormona adolescente, enerxía de festa, gritos e choros, Pont Flotant pon o foco neste proceso vital cheo de luces e sombras.

Como é característico da compañía que ten unha traxectoria de 25 anos, esta é unha creación colectiva froito dun longo proceso de investigación no que inclúen o seu entorno social e no que mesturan realidade e ficción, diferentes linguaxes e sobre todo unha relación íntima co espectador. Seguro que nos conquista igual que a súa anterior obra, a premiada Eclipse total, pola que recibiron, entre outros, o Max á Mellor autoría teatral, ademais do Premio do público do FIOT.

PÚBLICO ADULTO (+ de 12 anos)

Como

chegar

Rúa do Pan, s/n, Carballo

15100 Carballo