Auditorio Pazo da Cultura de Carballo | Carballo
11 Outubro 2025 20:00
Idade mínima: 6 anos
Jordi medra nun pequeno pobo, rodeado de paxaros, de flores de camomila e de tres mulleres: a nai, a tía e a avoa. Tres xeracións que exercen de nais. A vida convértese nunha auténtica loita de súper heroes e súper heroínas e os desafíos máis duros en aventuras que formarán parte da súa vida.
Actores, máscaras e bonecos crean un mundo máxico para contar unha fermosa historia sobre a maternidade e a infancia, a vida e a perda, a enfermidade e a morte desde a ollada tenra dun neno que intenta comprender. Un relato de aventuras e emocións e, sobre todo, do amor que lle deixaron como legado as súas vivencias.
O encontro interxeracional é o obxectivo de Cía Campi, que se vale de recursos visuais, da diversión e da emoción para chegar de maneira universal a adultos e maiores, na procura do neno que todos levamos dentro. Levaron o seu traballo a máis dunha ducia de países de Europa, América e Asia.
TODOS OS PÚBLICOS (+ de 6 anos)
Rúa do Pan, s/n, Carballo
15100 Carballo