Menú
34 FIOT CARBALLO. GABRIEL CHAMÉ BUENDIA / BUENDIA THEATRE – Medida  por medida (La culpa es tuya)

34 FIOT CARBALLO. GABRIEL CHAMÉ BUENDIA / BUENDIA THEATRE – Medida por medida (La culpa es tuya)

Desde13,20 €

Auditorio Pazo da Cultura de Carballo | Carballo

17 Outubro 2025 21:00

Idade mínima: 12 anos

O duque Vincentio de Viena, preocupado pola decadencia moral do seu pobo, deixa no poder ao intachable Angelo. Mais, en segredo, disfrazarase de frade para observar o que acontece. Angelo aplica inflexiblemente a lei e condena a morte a Claudio por deixar embarazada á súa prometida. O duque, desde a sombra, intervirá nunha trama chea de tensións éticas, políticas e sexuais, ata chegar a un final inesperado.

Dez anos despois da súa anterior visita ao FIOT, o prestixioso arxentino mestre de actores Gabriel Chamé Buendia volve a reinventar a Shakespeare desde o humor físico e unha linguaxe escénica lúdica que recorda a mellor tradición xograresa.

A obra cuestiona as estruturas morais que nos gobernan e revela as tensións entre o poder e a responsabilidade, situando a figura feminina no centro dun conflito inquedante e actual: o abuso de poder político e sexual. Chamé propón unha reflexión sobre un presente infantil e vixente que culpabiliza sempre ao outro e sobre os lazos íntimos entre a nobreza e a baixeza do ser humano.

TODOS OS PÚBLICOS  (+ de 12 anos)

Como

chegar

Rúa do Pan, s/n, Carballo

15100 Carballo