Menú
34 FIOT CARBALLO. CÍA. LUCAS ESCOBEDO E COMPAÑÍA NACIONAL DE TEATRO  CLÁSICO – Farra

34 FIOT CARBALLO. CÍA. LUCAS ESCOBEDO E COMPAÑÍA NACIONAL DE TEATRO CLÁSICO – Farra

Desde16,50 €

Auditorio Pazo da Cultura de Carballo | Carballo

19 Outubro 2025 20:00

Idade mínima: 6 anos

Festa, celebración, cultura e comunidade encóntranse durante o tempo de carnaval de 1568 ou de 1668 ou de 2025. Durante o entroido todo é posible: as normas cambian e o mundo réxese por paradoxos. Un grupo de cómicos esperan a ansiada visita do rei Felipe. Entre danzas, versos, cantos, xogos e celebracións, abren a porta á festa, á música, á maxia, á acrobacia e á comedia. A modo de cabaré barroco, viaxaremos con eles por un Século de Ouro que tende pontes coa actualidade.

O espectáculo reivindica a celebración, a cultura e a comunidade fronte á hiperactividade e á velocidade dos tempos. A súa importancia para desenvolver a imaxinación, nutrirse do noso patrimonio cultural, e, sobre todo para emocionarse e rirse.

Unámonos á Farra e gozemos públicos de todas as idades co espírito de experimentación e co risco da compañía do artista multidisciplinar Lucas Escobedo, que se aliou coa Compañía Nacional de Teatro Clásico para fundir os seus sinais de identidade, o circo, o teatro, a música en directo e o humor, co verso e coa tradición barroca. Ademais de colleitar éxitos nos escenarios de toda España o traballo foi recoñecido co Max ao Mellor Espectáculo Musical 2025.

TODOS OS PÚBLICOS (+ de 6 anos)

Como

chegar

Rúa do Pan, s/n, Carballo

15100 Carballo