Menú
34 FIOT CARBALLO. CONTRAPRODUCIÓNS – Yo solo quiero irme a Francia

34 FIOT CARBALLO. CONTRAPRODUCIÓNS – Yo solo quiero irme a Francia

Desde16,50 €

Auditorio Pazo da Cultura de Carballo | Carballo

25 Outubro 2025 20:00

Idade mínima: 14 anos

Inés asiste ao velorio de Pilar, quen decide deixarlle a súa casa en herdanza sen tela coñecida nunca e sen avisar á súa neta. Xuntas descubrirán un pasado que descoñecían, abrindo vellas feridas familiares que se remontan á infancia de Pilar durante os últimos meses da Guerra Civil e á súa mocidade.

Sobre as táboas veremos a catro mulleres de diferentes xeracións que buscan ese lugar que tanto anhelan e imaxinan que algúns chaman liberdade.

Este é o debut como directora de Elisabeth Larena, autora tamén do texto, á que, durante  a súa escritura, acompañaron as súas memorias, que non foron vividas por ela, senón pola súa avoa.

O espectáculo está protagonizado por María Galiana, grandísima actriz de cine e de teatro, gañadora dos máis importantes premios como o Goya ou Mérito a las Bellas Artes do Ministerio de Cultura. Xunto a ela, subiranse ás táboas Nieves de Medina, Alicia Armenteros e a galega Ledicia Sola. Esta función inicia a xira desta nova aventura dunha das produtora galegas máis sólidas, Contraproducións.

PÚBLICO ADULTO (+ 14 anos)

Como

chegar

Rúa do Pan, s/n, Carballo

15100 Carballo