Menú
34 FIOT CARBALLO. FIOTIÑO. GALEATRO E XAROPE TULÚ – Berenguela na gaiola

34 FIOT CARBALLO. FIOTIÑO. GALEATRO E XAROPE TULÚ – Berenguela na gaiola

Desde5,50 €

Auditorio Pazo da Cultura de Carballo | Carballo

27 Setembro 2025 18:30

Idade mínima: 6 anos

Berenguela vive nunha residencia, pero quere volver á súa casa da aldea. Alí coñece a Aurora, que ten unha imaxinación sen límites, e a Tomás, sempre calado e pensativo. Berenguela propón unha revolta e volverse salvaxes e perigosas, pero Aurora suxire que fagan no teatro o que non lles deixan facer na realidade: ser libre e cambiar o mundo, ou, polo menos, o seu mundo.

Os tres anciáns escollerán para representar a obra de Manuel María “Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela”, onde cadaquén escolle o personaxe que quere representar.

A carballesa Galeatro e Xarope Tulú aliáronse neste proxecto que gañou a cuarta edición do Certame Manuel María de Proxectos Teatrais e para o que contan coa dramaturga e directora Paula Carballeira, Premio Nacional de Literatura Dramática. Ambas compañías están comprometidas con linguaxes escénicas diversas dirixidas á infancia e tamén coa narración e o teatro de obxectos. O FIOT colabora coa creación como coprodutor, xunto á Casa- Museo Manuel María e ao Centro Dramático Galego.

TODOS OS PÚBLICOS (+ de 6 anos)

Como

chegar

Rúa do Pan, s/n, Carballo

15100 Carballo