Menú
34 FIOT CARBALLO. OTNI. CÍA CAÍ – Masa madre

34 FIOT CARBALLO. OTNI. CÍA CAÍ – Masa madre

Desde5,50 €

Auditorio Pazo da Cultura de Carballo | Carballo

26 Outubro 2025 20:00

Idade mínima: 8 anos

Unha sala de espera. Un forno a 200 graos. Unha máquina de escribir. O son duns zapatos de tacón. Un cordón umbilical. 250 g de fariña de trigo. Un trapecio envellecido. Dous cabelos trenzados. Unha mesa, un vaso, unha rosa. Un mundo ideal.

Ninguén sabe que pasa coas princesas cando remata o conto. Seguramente sorprenderiámonos ao ler todas as segundas partes que non foron escritas… porque pode que non pasemos a vida comendo perdices.

Este espectáculo de circo contemporáneo, amasado con paciencia, con técnicas aéreas, teatro físico e texto, explora  o destino humano: nacer, reproducirse (ou non) e envellecer ata morrer. Unha reflexión poética sobre a maternidade e a caducidade do corpo, sobre a vida, sobre as historias que continúan e aquilo que permanece oculto despois do final do conto, contada desde unha das raíces da nosa identidade como carballeses, o pan.

CAÍ concibe o circo como linguaxe de comunicación e expresión, levando á escena materiais persoais. Creada en 2015, participa en proxectos para dar sororidade á muller nas artes escénicas.

TODOS OS PÚBLICOS  (+ 8 anos)

Como

chegar

Rúa do Pan, s/n, Carballo

15100 Carballo