Desde5,50 €
Praia de Razo (zona parque infantil) | Carballo
12 Outubro 2025 12:30
Idade mínima: 18 anos
Unha viaxe ao pasado do noso mar a través de relatos reais e de cantigas populares interpretadas en directo. Historias sobre naufraxios ocorridos na Costa da Morte que nos levan a lembrar aos que faleceron nestes accidentes e tamén aos que quedaron na terra: as viúvas, os orfos, os que socorreron...
Co noso mar de Razo como
singular e fermoso escenario, gozaremos desta proposta multidisciplinar na que
potentes imaxes e proxeccións, música e cantigas acompañan a relatos que falan
da nosa orixe e da realidade que nos rodea, da nosa tradición oral e tamén da
nosa memoria.
Esta obra está coproducida polo Centro Dramático Galego e a súa creadora é
Mariña Lestón, que contou co apoio dun amplo e potente equipo. A fisterrá, que
medrou escoitando falar de naufraxios na Costa da Morte, procura unha
linguaxe propia en diálogo coa realidade e identidade galega.
Ofrecémosche a oportunidade de mergullarte por completo nesta experiencia sensorial e emocional, participando na ruta pola costa que organiza a Asociación Ambiental Senda Nova, que terá lugar o mesmo día e que rematará co inicio do espectáculo.
PÚBLICO ADULTO
15107, Razo
Rúa Paseo Praia s/n Carballo