Menú
34 FIOT CARBALLO. FIOT EN RUTA. P.T. EXCÉNTRICAS – Mala vida e pior morte de Ricardo III

34 FIOT CARBALLO. FIOT EN RUTA. P.T. EXCÉNTRICAS – Mala vida e pior morte de Ricardo III

Desde5,50 €

Serradoiro Eucatar O Tarambollo (Sofán) | Carballo

19 Outubro 2025 18:00

Idade mínima: 12 anos

Quen foi Ricardo III de Inglaterra? Un conspirador? Un monstro? Un asasino sen escrúpulos? Neste divertimento cun punto de vista histórico, de lirismo patético pero no que prima o humorístico, o defunto Ricardo III rebatera a historia negra que cae sobre el debido a un tal William Shakespeare, explorando esta manipulación histórica e cultural.

Entre táboas e serraduras, nun recuncho do serradoiro do Tarambollo, o actor Evaristo Calvo carga coa coroa e abraiaranos cunha interpretación audaz e cómica na que dá vida a múltiples personaxes e reivindica a humanidade do monarca fronte ao cruel retrato coñecido. Acompañaranos ás raíces máis dignas e máis ridículas do corazón humano.

Este clásico deconstruído e desfiañado é o proxecto máis persoal de Evaristo e no que leva inmerso varios anos e para o que se acompañou dun diverso equipo e contou coa coprodución do Centro Dramático Galego.

PÚBLICO ADULTO (+ 12 anos)

Como

chegar

Lg.Tarambollo, s/n, Sofán, Carballo, Sofán

15108 Carballo