Menú
Las Migas 'Flamencas'

Las Migas 'Flamencas'

Desde20,55 €

Teatro Colón | A Coruña

30 Novembro 2025 20:00

Cunha carreira musical de 20 anos e seis álbums de estudio, Las Migas convertéronse nunha das bandas españolas máis aclamadas internacionalmente, con concertos en máis de 50 países como Estados Unidos, India, Francia, Exipto, México, Cuba, Italia, Namibia, Xamaica, Alxeria, Hong Kong, Alemania, Chile, Suecia, Ucraína e Marrocos, entre moitos outros. Foron nomeadas tres veces aos Grammy Latinos na categoría de Mellor Álbum de Música Flamenca (2016, 2022 e 2024), premio que gañaron en 2022. Tamén gañaron o Premio MIN en 2019 e 2023 polos seus álbums "Rumberas" e "Libres".

Na primavera de 2025, Las Migas lanzará o seu novo álbum, "Flamencas", un traballo que rende homenaxe á esencia e á pureza do flamenco, no que a banda transformou o seu código cara a unha perspectiva moito máis contemporánea, envolto nunha forza visual que xa se pode apreciar no seu videoclip, "Celos", dirixido polo recoñecido fotógrafo de moda Javier Biosca. 

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO
• Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o concerto debe facelo con entrada independentemente da idade que teña ou de ocupar ou non butaca
• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas
• Non está permitida a entrada ao recinto no que terá lugar o concerto con comida nin bebida excepto auga
• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos concertos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao finalizar o concerto sen a autorización da organización
• Unha vez comezado o concerto non se permitirá o acceso á sala

RECOMÉNDASE:
Actuar con responsabilidade.

Como

chegar

Avenida Marina, n7A, A Coruña

15001 A Coruña