Menú
Yerai Cortés

Yerai Cortés

Desde30,24 €

Teatro Colón | A Coruña

28 Febreiro 2026 21:00

Unha das voces máis singulares do flamenco contemporáneo chega á Coruña no mellor momento da súa carreira.

O guitarrista e compositor Yerai Cortés presentará no emblemático Teatro Colón a súa proposta máis persoal, acompañado polo seu cadro habitual de palmas e compás. Un formato que une profundidade, virtuosismo e emoción nun espectáculo único que non forma parte da súa xira “Guitarra Coral”, pero que recolle a súa esencia coa calidez dun directo coidado ao detalle.

Colaborador habitual de figuras como C. Tangana, Israel Fernández, Niño de Elche ou Rocío Márquez, e presente na banda sonora gañadora do Goya Te estoy amando locamente, Yerai Cortés é hoxe un dos artistas imprescindibles do flamenco actual.

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

• Toda persoa que acceda ao recinto no que terá lugar o concerto debe facelo con entrada, independentemente da idade que teña ou de ocupar ou non butaca.
• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.
• Non está permitida a entrada ao recinto con comida nin bebida, agás auga.
• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos concertos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao rematar o concerto sen a autorización da organización.
• Unha vez comezado o concerto, non se permitirá o acceso á sala.

RECOMÉNDASE: 

Actuar con responsabilidade.

Como

chegar

Avenida Marina, n7A, A Coruña

15001 A Coruña