Desde0,00 €
Auditorio Sede Afundación A Coruña | A Coruña
21 Novembro 2024 19:00
O xoves 21 de novembro, JERO GARCÍA, presidente da Fundación FAID-Jero García de axuda á integración a través do deporte, ofrece dous encontros con motivo do ciclo EDUCACIÓN S. XXI na Sede Afundación da Coruña. O primeiro deles, dirixido a escolares, será ás 11.00 h, e o segundo pase para público xeral, pola tarde, ás 19.00 h.
Jero García, que viviu o acoso en primeira persoa, compartirá a súa experiencia nesta conferencia. Co seu testemuño, invítanos a romper o silencio e a ser valentes, non só enfrontándonos ao acoso, senón denunciándoo. O seu relatorio é intenso, cheo de experiencias reais, e promete non deixar a ninguén indiferente.
Que é o bullying? É acoso escolar. Pode ser físico, psicolóxico ou verbal, e o seu obxectivo é facer dano de forma intencionada e repetida. Segundo estudos recentes, en España máis de 300.000 familias están afectadas polo acoso escolar, e o 50 % das vítimas tamén sofren ciberacoso.
Esta conferencia enmárcase dentro do programa CULTURA POR ALIMENTOS, en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos, para incrementar os recursos do banco de alimentos local. Convidamos a todas as persoas que asistan a este evento para colaborar con esta campaña solidaria coa doazón de produtos non perecedoiros, que poderán depositar á entrada do recinto. Grazas!
Máis información AQUÍ.
CICLO EDUCACIÓN S. XXI
Un programa de conferencias para dar a coñecer as últimas tendencias, estudos e teorías sobre Educación a toda a comunidade escolar, desde as familias ao propio estudantado e, por suposto, ao equipo docente. Grandes especialistas xa pasaron polos nosos edificios nas distintas cidades galegas, ofrecendo o seu enfoque profesional para apoiar a educación desde a casa e desde a escola.
Máis información AQUÍ.
Cantón grande, 8, A Coruña
15003 A Coruña