Menú
BOTICARIA GARCÍA. Mi cerebro tiene hambre

BOTICARIA GARCÍA. Mi cerebro tiene hambre

Desde2,00 €

Auditorio Teatro Afundación Vigo | Vigo

20 Outubro 2025 18:30

Esta conferencia do ciclo Educación século XXI está incluída no programa «Cultura por alimentos», de Afundación en colaboración con FESBAL. A recadación íntegra desta conferencia será destinada ao Banco de Alimentos de Vigo.  

Na súa intervención, salientará a importancia fundamental da alimentación para manter e promover a saúde mental, resaltando como unha dieta equilibrada pode ser un piar crave no noso benestar emocional e psicolóxico. Este enfoque integral convídanos a reconsiderar a relación entre o que consumimos e o noso estado mental, promovendo hábitos que beneficien tanto o noso corpo como a nosa mente.

Sobre Boticaria García:

É farmacéutica, graduada en Nutrición Humana e Dietética, así como en Óptica e Optometría. Actualmente, imparte clases de Nutrición e Dietética na Universidade Isabel I e participa en diversos cursos de divulgación científica, compartindo o seu coñecemento cun amplo público. Destaca pola súa colaboración en múltiples programas de televisión e radio, onde aborda temas relacionados coa saúde de forma accesible e enriquecedora. O seu destacado labor na divulgación do benestar físico e emocional valeulle varios premios e recoñecementos, reafirmando o seu compromiso coa promoción de estilos de vida saudables e o coñecemento científico no ámbito da saúde.

Como

chegar

Marques de Valladares s/n, Vigo

36201 Vigo