Desde0,00 €
Auditorio Sede Afundación A Coruña | A Coruña
26 Febreiro 2026 19:00
A intelixencia artificial (IA) está a transformar rapidamente a forma en que entendemos e tratamos a saúde mental. Este cambio trae consigo oportunidades extraordinarias: diagnósticos máis precisos, tratamentos personalizados, acceso a apoio psicolóxico en calquera momento, e redución do desbordamento en servizos de saúde mental. Con todo, xunto a estas promesas, emerxen desafíos éticos fundamentais que nos afectan a todos. Que ocorre cando adolescentes establecen vínculos de dependencia emocional con máquinas que simulan empatía e parecen entendernos? Como protexemos os nosos datos máis íntimos mentres as máquinas aprenden dos nosos patróns mentais? Quen é responsable se a IA fomenta condutas inapropiadas e que poden empeorar a nosa saúde mental?
Pere Castellví Obiols é profesor agregado do Departamento de Psicoloxía Clínica e da Saúde da Universitat Autònoma de Barcelona, Doutor en psicoloxía e Máster en psicopatología e Máster en saúde pública. A súa liña de investigación é na promoción do benestar mental e a prevención do suicidio en mozos. Nos últimos anos especializouse na aplicación e as repercusións da intelixencia artificial na saúde mental desde un punto de vista ético.
Cantón grande, 8, A Coruña
15003 A Coruña