Menú
LARA FERREIRO - Quiérete y sal de relaciones tóxicas

LARA FERREIRO - Quiérete y sal de relaciones tóxicas

Desde22,00 €

Auditorio Sede Afundación A Coruña | A Coruña

15 Abril 2026 19:30

Lara Ferreiro é psicóloga especializada en terapia de parella e adicción emocional, cun percorrido vital tan contundente como inspirador.

Formada inicialmente como inxeñeiera industrial, decidiu dar un xiro radical á súa vida ao comprender que o seu camiño profesional e persoal a estaba levando ao malestar. Esa decisión coincidiu coa saída dunha relación profundamente tóxica e co inicio dun proceso de reconstrucción que marcaría para sempre a súa vocación. A súa experiencia persoal, unida ao seu traballo en clínicas de desintoxicación e a anos de consulta terapéutica, convertírona nunha das voces máis claras e directas sobre as dinámicas do mal amor e a dependencia emocional.

En Quiérete y sal de relaciones tóxicas, Lara Ferreiro combina divulgación psicológica, casos reais e unha narrativa cercana para explicar por qu algunhas relacións xeran auténticas adicións emocionais, similares ás provocadas polas drogas. A través de exemplos claros e ferramentas prácticas, o público aprenderá a identificar os sinais de alarma, comprender o papel das hormonas, os mitos do amor romántico e a autoestima, e coñecer os primeiros pasos para romper o vínculo e empezar a sanar ante unha relación tóxica en todos os ámbitos da vida: o laboral, familiar, círculo amistoso ou parella.

Un espectáculo valente, necesario e transformador que amosa, con rigor e empatía, que do mal amor se sae. ¡Vívelo en directo!

Como

chegar

Cantón grande, 8, A Coruña

15003 A Coruña