Desde0,00 €
Auditorio Sede Afundación A Coruña | A Coruña
22 Abril 2026 19:00
Esta actividade enmárcase en CULTURA POR ALIMENTOS, unha iniciativa de Afundación en prol de FESBAL (Federación Española de Bancos de Alimentos). Convidámoste a colaborares cunha doazón de alimentos non perecedoiros ao accederes á actividade, todo o recibido irá destinado ao banco de alimentos local.
Afundación, a Obra Social de ABANCA presenta á Iaia Vicenta, unha personaxe de ficción nacida da IA e que se converteu nun fenómeno viral en redes sociais, con vídeos que alcanzaron millóns de visualizacións falando de educación. Nesta conferencia pretende facernos reflexionar acerca de como as ferramentas tecnolóxicas están a transformar a educación dos máis novos e, sobre todo, a reflexionar sobre o uso consciente e responsable da tecnoloxía.
Detrás de Iaia Vicenta está Manuel Rossell, á fronte dunha empresa de produción audiovisual, que creou esta personaxe para profundar no impacto da tecnoloxía na educación. A súa misión: promover a IA como aliada para abordar a importancia de establecer límites e fomentar un uso intelixente da tecnoloxía na vida dos menores.
A personaxe:
O avatar é a propia avoa de Manuel, Dona Vicenta, agora Iaia Vicenta, unha muller de 94 anos cunha presenza que xa suma medio millón de seguidores de todas as idades. Ambos residen en Valencia, e a súa historia conecta con públicos diversos que buscan educación, ética e humanidade na era dixital.
Para Manuel Rossell, a Intelixencia Artificial non é o fin da creatividade; é o exame final da nosa humanidade. Vicenta demostra que a tecnoloxía pode ser fría, pero a súa mensaxe non ten por que selo. Non importa se o píxel é falso se a emoción que provoca é verdadeira. Con Iaia Vicenta establecemos unha ponte: conectamos cunha figura de autoridade moral que, na política e a TV actuais, parece faltar.
O verdadeiro risco non é que a IA teña sentimentos, senón que nós perdamos os nosos ao comunicarnos.
Esta conferencia propón un enfoque humano, ético e práctico para que docentes, familias e mozas aproveiten o potencial da IA.
Cantón grande, 8, A Coruña
15003 A Coruña