Desde0,00 €
Auditorio Sede Afundación A Coruña | A Coruña
11 Agosto 2026 19:00
Que sentimos cando o ceo se escurece en pleno día? Desde a antigüidade, as
eclipses fascinaron á humanidade, espertando medo, asombro e todo tipo
de lendas. Hoxe sabemos que son un dos fenómenos máis espectaculares e
precisos do universo… pero seguen conservando intacta a súa capacidade para
emocionarnos.
Nesta charla divulgativa, a astrofísica Eva Villaver, invítanos a realizar unha viaxe apaixonante pola historia, a cultura e a ciencia das eclipses. Descubriremos como distintas civilizacións intentaron explicar estes fenómenos, que nos ensinan hoxe sobre o Sol, a Terra e o Sistema Solar, e por que as eclipses foron claves nalgúns dos maiores descubrimentos científicos da historia.
Unha charla divulgativa, próxima e sorprendente, pensada para todos os públicos, na que aprenderemos a mirar o ceo con novos ollos e sen medo.
Eva Villaver é doutora en Astrofísica e investigadora do Instituto de Astrofísica de Canarias, onde actualmente exerce como subdirectora. Desenvolveu a súa carreira en institucións internacionais de referencia como a NASA, a ESA ou o Centro de Astrobiología, e é unha das científicas españolas máis recoñecidas no estudo da evolución dos sistemas planetarios e as estrelas.
Alén da súa prestixiosa traxectoria investigadora, destaca polo seu intenso labor divulgativo e a súa capacidade para achegar o universo ao gran público dunha forma clara, apaixonante e accesible.
Cantón grande, 8, A Coruña
15003 A Coruña