Desde0,00 €
Sala de Conferencias Sede Afundación Ourense | Ourense
23 Abril 2025 19:00
Nesta charla exploraremos o fascinante e complexo fenómeno da adicción da man de datos científicos. Analizaremos as súas fases e como se manifesta no comportamento, ademais de profundar nos mecanismos cerebrais que a sosteñen. Introducirémonos no mundo da investigación nas adiccións que nos permitiron empezar a entender estes mecanismos. Tamén discutiremos os factores de vulnerabilidade e protección, incluíndo o papel do sexo/xénero como variable clave na predisposición e progresión da adicción. Finalmente, revisaremos as opcións actuais de tratamento e como poderían evolucionar no futuro. Unha oportunidade para comprender desde a neurociencia como as drogas hackean o noso cerebro e como a prevención é nosa mellor opción para combatelas
Praza Maior, 4, Ourense
32005 Ourense