Menú
Educación siglo XXI. Daniel Millán. "Entendiendo, de verdad, el autismo"

Educación siglo XXI. Daniel Millán. "Entendiendo, de verdad, el autismo"

Desde0,00 €

Auditorio Sede Afundación Pontevedra | Pontevedra

11 Novembro 2025 19:00

Educación século XXI presenta en Pontevedra o 11 de novembro, a Daniel Millán con "Entendendo, de verdade, o autismo", psicólogo especializado en autismo. Millán axudaranos a penetrarnos e comprender con maior profundidade o mundo do Trastorno do Espectro Autista (TEA), compartindo a súa experiencia e achegándonos a unha realidade chea de matices e riqueza.

Daniel Millán López é licenciado en Psicoloxía Clínica e da Saúde pola Universidade Complutense de Madrid. Desde fai máis de vinte anos está dedicado ao traballo con persoas autistas de todas as idades e á psicoloxía clínica en xeral. A súa formación e iniciación profesional no campo foi a través da Asociación de Pais de Nenos Autistas (APNA) e no gabinete de diagnóstico DELETREA, entre outras. Durante máis de tres anos foi o Director Xeral e máximo responsable técnico da Asociación de Pais de Nenos Autistas de Badaxoz. Actualmente traballa facendo terapia e diagnósticos para persoas de todo o mundo e é o autor dos libros “Guía Autista – Consejos para sobrevivir en el loco mundo de los neurotípicos” (Lulu, 2021), “Es autista, ¿y ahora qué?” (Destino, 2024) e do conto “Tengo una chispa en la cabeza” (Pengüin, 2025).

Como

chegar

Rúa Augusto González Besada, 2, Pontevedra

36001 Pontevedra