Menú
FRAN PATI. Y tú, ¿Tienes pueblo?

FRAN PATI. Y tú, ¿Tienes pueblo?

Desde15,80 €

Auditorio Teatro Afundación Vigo | Vigo

14 Febreiro 2025 22:30

75 min

Idade mínima: 16 anos

E TI TES POBO?

E ti, tes pobo? é o novo espectáculo de Fran Pati para todos aqueles que levan un pobo no corazón.

· Creciches nunha zona rural? - Este é o teu show

· Naciches na cidade pero veraneabas sempre no pobo? - Non podes perderche este show.

· Sempre quixeches ter un pobo? - Tamén este show é para ti.

· Nunca tiveches poboo pero viviches a experiencia das verbenas por pobos de amigos? - Si, Tes que vir ao show!

Fran Pati deixou La Roda para ir vivir a Madrid. E agora celebra os seus 10 anos de traxectoria na comedia nun espectáculo no que nos contará como foi para el crecer nun pobo e chegar á gran cidade. Ao contrario da típica imaxe de provinciano perdido na gran urbe, Fran quere demostrarnos que soubo amoldarse á cidade a pesar das dificultades. É por iso que comparará a vida de cidade coa de pobo e lembrará con certa nostalxia vivencias que nos conectan a todos coas nosas raíces: saír de festa, pasar tempo con a familia, practicar deporte, ligar... Todo é distinto cando chegas a unha cidade onde o tempo parece correr máis rápido.

Puidemos rir con el nos espectáculos  Cuatro motes manchegos, en La España Vaciada ou no seu anterior unipersonal Moder-NO. Agora, con este novo espectáculo, preséntanos unha recompilación da súa mellor comedia e tamén novas historias e improvisacións que fan que cada show sexa distinto e único. Se non te ris co seu espectáculo convidámosche a vendimiar no pobo que ti elixas, E verás como aí te ris menos! 

Duración: 75 min aprox.

Non recomendado a menores de 16 anos

Como

chegar

Marques de Valladares s/n, Vigo

36201 Vigo