Menú
Somos Criminais e punto final

Somos Criminais e punto final

Desde16,20 €

Auditorio de Galicia | Santiago de Compostela

13 Setembro 2025 20:30

Falta pouco máis dunha hora para a fin do mundo. En Galicia, unha nave, a Arteixo II, está a piques de despegar cuns poucos elixidos a bordo en dirección a un planeta onde empezarán unha nova vida. Os capitáns da nave, Carlos Blanco e Touriñán, son os encargados de que a evacuación se leve a cabo con éxito e de meter nesta Arca de Noé galega todo o noso patrimonio humano, material e inmaterial máis prezado, para que a nova terra á que emigraremos siga sendo criminal.


Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán poñen o punto e final a un dos proxectos máis exitosos do teatro galego nas últimas décadas cun novo espectáculo que xirará por toda Galicia este 2025.

Como

chegar

Av. do Burgo das Nacións, Santiago de Compostela

15704 Santiago de Compostela