Fantastic Colofón é o espectáculo de clausura do EMHU, creado expresamente para o festival. Vén sendo algo así como os Goya do Humor, pois en anteriores galas participaron Luis Piedrahita, SílviaAbril, David Fernández, David Amor, Carolina Iglesiasou Pantomima Full. Este ano o peche doE MHU contará cunha importante representación galega: Javier Veiga, Xosé A Touriñán e AsR(h)umorosas (Marta Doviro, Ledicia Sola e Carmen Méndez) conformarán unha aliñación que completará David Cepo, unha das figuras emerxentes máis interesantes do humor español. Este grupo conducirá o evento final do EMHU que, un ano máis, terá lugar no Teatro Colón e no que se entregarán, ademáis, os Premios EMHU 2024.
Como
chegar
Avenida Marina, n7A, A Coruña
15001 A Coruña