Desde19,60 €
Teatro Colón | A Coruña
29 Decembro 2026 21:00
Idade mínima: 14 anos
Idade recomendada: + 14
Idioma: galego
Din que as segundas partes nunca foron boas. Por sorte, ninguén dixo nada das sextas. Este Nadal, Javier Veiga, David Amor e Rober Bodegas regresan aos escenarios de toda Galicia con ESFÍNTER 6, unha historia que comezou como unha escusa para xuntarse e que, a estas alturas, xa dura máis ca moitas amizades.
Nesta nova entrega, os tres amigos volverán facer o que mellor saben: repasar con moito humor o sucedido durante o último ano e compartir historias que probablemente deberían quedar na cea. Noventa minutos de risas, sorpresas e confesións innecesarias para darche algún tema de conversa extra durante as sobremesas destas festas.
Despois de cinco edicións e miles de espectadores, ESFÍNTER é xa unha tradición do Nadal. O plan perfecto para reunirse cos teus, compartir gargalladas e coller forzas antes de enfrontarse á cea familiar, ao amigo invisible e a esa persoa que insiste en poñer panxoliñas desde novembro.
Javi, David e Rober regresan un ano máis porque o público o segue pedindo e porque, sinceramente, xa non saberían como explicar na casa que este ano non teñen función. Este decembro volve ESFÍNTER, a mellor forma de pechar o ano.
NORMAS DE ENTRADA
• Todas as persoas que entren no recinto onde terá lugar o espectáculo deben ter entrada, independentemente da súa idade ou de se ocupan asento.
• As entradas non son reembolsables nin cambiables.
• Non se permite a entrada de comida nin bebida dentro do recinto, agás auga.
• Reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos programados. Non se permite facer fotos nin gravacións antes, durante ou despois do espectáculo sen a autorización do organizador.
• Unha vez comezado o espectáculo, non se permitirá a entrada a ninguén no auditorio.
RECOMENDADO:
Actuar con responsabilidade.
Avenida Marina, n7A, A Coruña
15001 A Coruña