Desde5,50 €
CASINO 1889 | Carballo
27 Setembro 2025 21:00
Idade mínima: 18 anos
A avoa de Marita sempre dicía que tardara en falar... pero que, cando arrincou, o que lles preocupa é que non dera calado... sobre todo porque contaba moitas das cousas que escoitaba! Pero é que, claro, hai cousas que merecen ser contadas: ben porque os presenciou en directo ou ben porque llas confiaron os protagonistas. Así nacen os contos e as contadas. Neste caso, unha e pequena, coma ela.
Historias propias e alleas, contadas con moito ritmo, retranca e humor fresco. De orixe bergantiñá, Marita é actriz, improvisadora, cómica, e monologuista autora dos seus propios textos, que leva anos compaxinando a docencia co teatro profesional e co audiovisual.
PÚBLICO ADULTO
Rúa Vázquez Parga, 1, Carballo
15100 Carballo