Menú
34 FIOT CARBALLO. RÚA DOS CONTOS. ÁLEX O´DOGHRETY (Andalucía): Palabras mayores

34 FIOT CARBALLO. RÚA DOS CONTOS. ÁLEX O´DOGHRETY (Andalucía): Palabras mayores

Desde16,50 €

MERCADO MUNICIPAL | Carballo

18 Outubro 2025 23:00

Idade mínima: 16 anos

Na estrea en Galicia do seu novo espectáculo, Alex O’Dogherty xa non mide as palabras. Xa non ten medida, e o mesmo che fala das farmacias, do seu propio enterro, da intelixencia artificial ou dos opinadores. O mesmo fai un rap que un romanceiro. E ten un número especial para os que cheguen tarde. Moi completiño!

Xoga coas palabras. Palabras estúpidas, palabras inapropiadas, palabras divertidas e ri das opinións non pedidas e comparte coa xente historias que mesturan verdade, absurdo e música. Ten para todos, porque medrou. Como as súas palabras. Por iso son Palabras Mayores. É un espectáculo moi diferente a todo o anterior, porque a súa cabeza vai a mil por hora. Un show más imbécil que o anterior. Aínda. Se non o entendes, ven velo.

O’Dogherty é un artista polifacético: actor, músico, presentador e un dos monologuistas máis veteranos. Leva máis de dúas décadas combinando teatro, cine, televisión (onde fixo moi populares algúns personaxes como Arturo Cañas ou Alfredo “Caracolo”), radio e humor.

 PÚBLICO ADULTO (+ de 16 anos)

Como

chegar

Rúa Cervantes, Carballo

15120 Carballo