Desde28,60 €
Auditorio Municipal Vilagarcía de Arousa | Vilagarcía de Arousa
27 Novembro 2026 20:30
Despois de conquistar América… sen saír de España, e de demostrarnos que os estadounidenses e o resto da poboación mundial convivimos no mesmo planeta só por un erro administrativo, Goyo Jiménez regresa co espectáculo que ninguén pediu, pero todos necesitabamos… AMÉRICA FOREVER: The final refrito. A recompilación definitiva dos mellores momentos da súa mítica triloxía “Aiguantulivinamérica”.
Pero, atención: que, ademais, o show trae achega vitamínica. Porque Estados Unidos cambiou, o mundo cambiou e, aínda que custe crelo polo seu imperecedoiro aspecto xuvenil, Goyo Jiménez tamén cambiou.
Agora, en América os heroes de acción non fan cortes senón hashtags nas culatas das súas pistolas, o amor é fluído, vegano e polivalente, e os veciños do Medio Oeste almorzan “smoothies” salteados con culpa ecolóxica. Mentres tanto, no resto do mundo… seguimos facendo o que podemos co que temos cando nolo permiten… só que con menos cobertura e máis ansiedade.
América Forever é unha festa da risa, unha homenaxe actualizada a todo o que nos fixo rir e pensar, pero con novos ingredientes, novas reflexións e o mesmo inconfundible sabor MADE IN GOYO.
Así que abróchate o cinto, carga o móbil e repite comigo:
Volven os americanos… Volve Goyo Jiménez… Llega… AMÉRICA FOREVER: The final refrito
Av. da Mariña, s/n, Vilagarcía de Arousa
36600 Vilagarcía de Arousa