Desde15,80 €
Auditorio Abanca | Santiago de Compostela
23 Xaneiro 2026 20:30
95 minutos
Idade mínima: 12 anos
Daniel Fez considérase un influencer regulinchi. No seu espectáculo poderedes escoitar de primeira man como é a súa vida de influencer. Como lle vai no amor a Daniel? Serviranlle os videotutoriales que se estudan? Sacará o caderno azul? Alguén de vos ten algún consello para el?
Nesta función poderedes ver un monólogo fresco, con moita interacción co público e cheo de historias regulinchis.
Empezou a crear o seu propio contido na plataforma «Vine». Agora pódense ver os seus vídeos en TikTok, Instagram e Twitter. El descríbese como «Hacedor de vídeos e cousas de esas».
Conta con máis de 2.2 millóns de seguidores en TikTok, supera os 527K de seguidores en Instagram e en Twitter conta con máis de 435K seguidores.
Rúa do Preguntoiro, 23, Santiago de Compostela
15704 Santiago de Compostela