Desde5,50 €
MESÓN DO PULPO | Carballo
25 Setembro 2025 21:00
Idade mínima: 18 anos
Hai quen dura vinte e cinco minutos no escenario. Outros, vinte e cinco funcións. Pepo Suevos leva vinte e cinco anos facendo rir, pensar e rillar a retranca coma quen rilla polbo na súa salsa. E se cumprir anos é cousa seria… hai que celebralo!
A Rúa dos contos gáñalle en antigüidade por un ano e as nosas traxectorias mesturáronse en varias ocasións, polo que merecemos que realice unha parada especial deste maratón humorístico por Galicia e a estrea da que foi a súa aventura no medio do camiño, nun local perfecto para xuntar palabra e petisco.
Pepo Suevos é un todoterreo, actor, guionista e monologuista capaz de combinar o humor máis intelixente co máis “brutallán”.
PÚBLICO ADULTO
Avenida de Finsiterre, 23, Coruña (A)
15100 Carballo