Desde24,20 €
Auditorio Sede Afundación Pontevedra | Pontevedra
26 Abril 2025 20:30
75 minutos
HOVIK: GRITO
Probablemente non haxa un lugar no mundo no que a liberdade de expresión teña tanto valor, sentido e significado como no escenario cando o pisa un cómico.
Hovik Keuchkerian volve ao Stand Up despois de máis de quince anos afastado do circuíto da comedia. Volve con GRITO, un espectáculo no que conecta coa súa esencia de cómico. Con este show, recupera un discurso acedo, profundo que por momentos fará sentir incómodo ao espectador.
Nun texto, que Hovik dispara como un refacho constante, penétrase no centro mesmo dos grandes temas da realidade social do momento.
A guerra, a intolerancia, os extremismos, a ausencia de humanidade, o exceso de humanidade ou a manipulación á que están sometidas as sociedades, son algúns dos temas que Hovik aborda co seu particular humor caústico e a súa potencia no escenario.
Pero sobre todo GRITO é un exercicio de comuñón, unha invitación para mirar ao mundo e a mirarnos sen as limitacións impostas polas ideas dos que teñen o poder.
Grito é unha chamada para escapar da liberdade e penetrarnos nos espazo onde a vida vive.
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
FICHA TÉCNICA
Texto, interpretación e dirección: Hovik Keuchkerian
Producción: Etiqueta Negra
Duración: 75min
Rúa Augusto González Besada, 2, Pontevedra
36001 Pontevedra