Desde19,80 €
Auditorio Municipal de Ribeira | Ribeira
29 Novembro 2025 21:00
O espectáculo de comedia que arrasa en Compostela, chega agora a Ribeira! Os veteranos TheMomento e as novas fenómenas As Teimas, reúnense nun mesmo escenario para emocionar e facer rir a esgalla. As historias parten das suxerencias do público e o elenco improvisa escenas no momento. Comedia instántea, humor directo, impro como nunca tal viches, isto é un Tremendo Show.
IDEA E DIRECIÓN: Antón Coucheiro
ELENCO: Susana Sampedro, Arturo Cobas, Sheyla Fariña, Dani Blanco, Marta Doviro, Alfonso Medina e Antón Coucheiro.
NORMAS:
Rógase puntualidade. Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala nin se garante se se abandona a sala durante o espectáculo.
Ao acceder ao auditorio poderase pedir o documento que acredite o beneficio dalgún dos descontos aplicables segundo política de descontos.
Non se admiten cambios nin devolucións nas entradas excepto en casos de suspensión.
Non se permite o consumo de alimentos ou bebidas na sala.
Non está permitido gravar ou fotografar os espectáculos.
Apaguen os móbiles antes de que comece a representación. O seu son e luz molestan a público e artistas.
O auditorio ten reservado o dereito de admisión.
Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ao teatro teñen que contar con entrada, independentemente da idade ou de que ocupen ou non butaca.
Os carriños e soportes de bebés, patinetes, bicicletas e similares deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. Os paraugas deberán estar sempre embolsados. O persoal do auditorio daralles indicacións.
A fila 9 é inclusiva, só poderán ocuparse as súas butacas por persoas cunha discapacidade recoñecida con tarxeta acreditativa, que poderá ser requirida polo persoal de sala. O non cumprimento desta condición suporá a anulación da entrada e abandono forzoso do auditorio sen dereito a reembolso.
Recomendamos consultar sinopse e idades recomendadas dos espectáculos xa que non todas as persoas gozan do mesmo xeito.
Garde as súas localidades durante a representación: poderán ser requiridas polo responsable da sala.
A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias.
RECOMÉNDASE: Seguir as instrucións do persoal de sala e actuar con responsabilidade.
Avda. da Constitución, 2, Ribeira
15960 Ribeira