Desde5,50 €
O LOGRADOURO | Carballo
26 Setembro 2025 23:00
Idade mínima: 18 anos
Nun auténtico exercicio de indocumentación artística, o contador de historias lucense, autodenominado “poetastro e apañaletras” Lois Pérez xunta os versos dos seus poemarios con algunhas historias urbanas e contos chairegos e universais, prendendo a guitarra eléctrica ao amplificador para metelos ao trillo. Xaora, soña o cocho co farelo!
Contos, versos e risas da man de Lois Pérez, un mestre das letras e da retranca, poeta, narrador, mestre e guionista, gañou múltiples premios literarios e xornalísticos. Cun pé no seu Lugo natal e outro na chairega imaxinación universal, mestura historias urbanas, memoria rural e poesía rockeira. Entre a comedia e o lirismo máis punk.
PÚBLICO ADULTO
Rúa Lugo, 2, Carballo
15100 Carballo