Menú
LUIS PIEDRAHITA. Apocalípticamente correcto

LUIS PIEDRAHITA. Apocalípticamente correcto

Desde23,10 €

Teatro Afundación Vigo | Vigo

19 Setembro 2026 20:30

“Apocalipticamente correcto” é o novo espectáculo de Luis Piedrahita, un enxeñoso monólogo sobre a liberdade.

Os seres humanos sempre quixemos facer o que queiran, pero iso é posible ou o noso destino está escrito e non podemos cambialo?

Luis chancea co horóscopo, que é unha proba incontestable de que o noso destino está escrito nas estrelas, e sobre as autocaravanas, que é a proba de que está escrito nos mapas de estradas.

Neste monólogo Piedrahita arremete coa furia destrutiva dun cachorro contra temas como a anguía eléctrica, o pelo púbico, o leite de soia, a choiva ou a liberdade de expresión.

Son temas polémicos, pero Luis non lle ten medo a nada. Porque? Pois porque o medo espanta a risa e, recíprocamente, a risa espanta o medo.

Un monólogo cun chisco de maxia, imprescindible para entender a orixe dos nosos medos e das nosas esperanzas.

Unha peregrinación a paso de xemelgo polos prados do absurdo, do surrealismo e da imaxinación. Cal é o sentido de todo isto? Ningún. Pero ninguén lle pode dicir nada a Piedrahita porque fai isto por un só motivo: porque lle apetece. Está escrito e non podemos cambialo.

Como

chegar

C/ Policarpo Sanz 13, Vigo

36202 Vigo