Menú
Moi Animal · Xosé A. Touriñán

Moi Animal · Xosé A. Touriñán

Desde21,60 €

Auditorio de Galicia | Santiago de Compostela

29 Novembro 2026 18:00

Somos animais. Aínda que ás veces nos empeñemos en disimulalo.

En MOI ANIMAL, Touriñán bótalle unha ollada á nosa peculiar relación co resto das especies: queremos os animais, comémolos, humanizámolos, protexémolos, poñémoslles roupa… e, se aparece un mosquito ás tres da mañá, intentamos asasinalo sen ningún remordemento.

Da aldea aos animais de compañía, dos lobos aos vexetarianos, da empatía aos therians, MOI ANIMAL é unha viaxe cómica polas contradicións dunha especie que se considera a máis intelixente do planeta… aínda que tampouco hai demasiadas probas.

Un monólogo sobre animais que, en realidade, fala de nós. Das nosas incongruencias, da maneira na que cambiamos e de como somos capaces de querer profundamente os animais… aínda que algúns nos gusten especialmente con patacas.

Porque igual o problema non é que sexamos animais.

O problema é que Touriñán é MOI ANIMAL.

Como

chegar

Av. do Burgo das Nacións, Santiago de Compostela

15704 Santiago de Compostela