Desde7,50 €
Palacio de la Ópera | A Coruña
Desde o 26 Marzo 2026
Ata o 27 Marzo 2026
Nunha pequena aldea costeira de Galicia, Lúa abre cada mañá a peixaría familiar, herdeira dunha longa tradición que a afoga e a sostén ao mesmo tempo. Mentres a súa familia loita por manter o negocio a flote ante un ameazante proxecto urbanístico, Lúa agocha a súa verdadeira paixón: a música.
Alén do océano, Xoán deixa a Arxentina cos seus pais na procura dun novo comezo. A súa chegada ao instituto local coincide co último ano de Lúa e fórzase unha conexión inmediata entre eles. Pero os seus mundos pronto chocan: as orixes estranxeiras de Xoán e os rumores que rodean o papel da súa familia no proxecto urbanístico convérteno nun obxecto de rexeitamento.
En medio de ensaios secretos, tensións familiares e unha vila dividida, Lúa e Xoán atopan na música unha linguaxe común para curar feridas e reavivar a esperanza. Cando todo parece perdido, un arrebato emocional de Lúa sacode a vila e abre o camiño para a reconstrución colectiva.
Nun final luminoso, a tradición e a modernidade conseguen coexistir. A vila celebra a súa peixaría centenaria con novos ritmos, e os seus mozos, como Lúa e Xoán, descobren que o futuro tamén se pode construír sen renunciar ás raíces.
Todo aquel que desexe acudir o evento debe adquirir entrada independentemente da idade que teña.
Glorieta de América, s/n, A Coruña
15004 A Coruña