Menú
Día da infancia - Concerto singular de Píscore

Día da infancia - Concerto singular de Píscore

Desde0,00 €

Auditorio Sede Afundación Pontevedra | Pontevedra

23 Novembro 2024 18:00

55 minutos

Idade mínima: 2 anos

Co motivo da celebración do DÍA MUNDIAL  DA INFANCIA, O 23 DE NOVEMBRO, Afundación convida ó público a asistir ao espectáculo Concerto Singular, que está insertado no  PROGRAMA CULTURA POR ALIMENTOS .

IMPORTANTE! O acceso ó concerto será mediante a doazón de alimentos infantís que irán destinados ao Banco de Alimentos.

O espectáculo

Que acontece cando se convoca a catro grandes solistas para un único concerto? Catro prestixiosos músicos fronte a un grande conflito: 16 baquetas e unha soa marimba. Eles están dispostos a facela soar do xeito máis orixinal e abraiante. Organizarse xa non vai ser tan doado.

Píscore achéganos a mellor música e moito humor para un concerto singular nunha proposta que se encadra na liña dos grandes espectáculos que mesturan o virtuosismo musical e os ritmos coa comedia xestual, o clown e a participación do público.


Como

chegar

Rúa Augusto González Besada, 2, Pontevedra

36001 Pontevedra