Desde5,40 €
Cidade da Cultura. Museo Centro Gaiás. Andar 1 |
Desde o 23 Maio 2025
Ata o 26 Outubro 2025
Idade mínima: 8 anos
Se ao efectuar a compra, non che permite seleccionar o número de tickets desexado, a sesión non dispón de aforo suficiente dispoñible.
Orixes
A experiencia sensorial inmersiva Orixes atravesa catro mil millóns de anos de evolución do noso planeta: desde unha inhabitable esfera incandescente, ata a extinción do temible tiranosauro-rex, pasando pola explosión da vida nos océanos ou a aparición dos primeiros grandes bosques na superficie terrestre.
Erupcións volcánicas, impactos de meteoros, grandes dioivos, xigantescos dinosauros, abraiantes criaturas mariñas... Orixes recrea unha natureza salvaxe onde volven á vida seres hoxe desaparecidos, pero tamén descubrimos outros que habitan a Terra desde hai millóns de anos, desde moito antes de que o ser humano pisara o noso planeta.
Da man da tecnoloxía de realidade mixta, que combina nunha única capa o mundo físico e o virtual, emprendemos unha viaxe cósmica para camiñar a través do tempo. As persoas visitantes atravesan o Museo Centro Gaiás equipados cunhas lentes que lles permiten ver o latexar da vida no interior das especies que xorden, interactúan cos visitantes e evolucionan a través dos milenios.
Toda unha travesía sensorial que amplifica a nosa percepción da natureza e nos amosa a vida que permanece oculta aos nosos ollos e nos lanza unha poderosa pregunta: será o ser humano o detonante dunha nova extinción masiva no noso planeta?
Entradas xa á venda
Xa podes mercar a túa entrada para ORIXES tanto no Museo Centro Gaiás como a través de Ataquilla, a un prezo de 5 euros (+gastos de xestión, descontos aplicables).
A experiencia é accesible a partir dos 8 anos de idade, e as nenas e nenos menores de 12 deben realizala co acompañamento e vixilancia dunha persoa adulta responsable que deberá adquirir tamén unha entrada.
A instalación está aberta do 28 de febreiro ao 19 de outubro de 2025, de martes a domingo e pode visitarse en horario de mañá (entre as 10:15 e as 14:15 h), e de tarde (entre as 15:30 e as 19:30 h), cunha duración aproximada de 45 minutos cada unha das sesións, nas que participan ata 12 persoas de maneira simultánea.
A partir do 11 de marzo, están dispoñibles quendas de visita exclusivamente para saídas didácticas dos centros escolares, de martes a venres en horario de mañá, para grupos a partir dos 8 anos de idade. Pode consultarse máis información e reservar unha visita escolar na web https:\\www.cidadedacultura.gal.
Información práctica
— Entradas para as primeiras quendas XA Á VENDA a través de Ataquilla e no Museo Centro Gaiás, a un prezo de 5 € (+gastos de xestión).
— Pódese acceder a Orixes A PARTIR DE 8 ANOS DE IDADE. Os menores de 12 anos deberán realizar a experiencia acompañados dunha persoa adulta responsable que deberá mercar tamén entrada.
—Lémbrase que é imprescindible acceder puntualmente á sala de Orixes. En caso de retraso, o control de acceso do primeiro andar valorará a posibilidade de entrada en función da dispoñibilidade de dispositivos no momento.
— Prégase precaución no caso de padecer: claustrofobia, enfermidades cardíacas, vertixe, epilepsia ou sensibilidade ás luces intermitentes.
— A instalación é accesible para persoas con mobilidade reducida, aínda que pode requirirse apoio adicional. Por favor, se é o seu caso, comuníquese coa entidade antes da visita.
— Debido ao emprego de tecnoloxía avanzada, a instalación pode requirir un mantemento non planificado que pode dar lugar a retrasos ou cancelacións.
— Adoptamos un meticuloso protocolo de medidas de hixiene: o equipo desinféctase coidadosamente para brindar unha esterilización eficiente entre cada visitante.
Descontos
Descontos do 20% sobre o prezo da entrada para:
Persoas xubiladas
Persoas desempregadas
Persoas en situación de discapacidade
Familias de especial consideración (artigo .9 Lei 3/2011, de 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia)
Persoal laboral da Cidade da Cultura de Galicia e entidades residentes
Alumnado e persoal laboral das universidades galegas
Carné xove
Integrantes do Club Gaiás
c/ Monte gaiás, s/n, Santiago de Compostela
15707