Menú
Bibopalula · O espectáculo

Bibopalula · O espectáculo

Desde11,00 €

Teatro Afundación Vigo | Vigo

02 Xaneiro 2026 17:30

O primeiro espectáculo musical en galego volve este Nadal aos escenarios cunha experiencia única para as máis pequenas e os máis pequenos. Toda unha festa de luces, cores, cancións e bailes, protagonizada por Lidia Veiga, para unha tarde de teatro inesquecible.

Ava é unha experta observadora de paxaros. Alegre, curiosa e aventureira, a súa paixón é o bosque e toda a vida que cada día podemos descubrir nel. Tamén lle encanta animar ás pequenas e pequenos espectadores a prestar moita atención sobre o que acontece entre as árbores…

A Banda do Bosque recibe de parte do Señor Moucho a misión de atopar un misterioso tesouro. Robin, Carpin, Pegui e Merli enfróntanse durante a busca a distintos atrancos, pero tamén a momentos emocionantes ao redor de todo o que ofrece a natureza no bosque, os cambios meteorolóxicos, ou o día e a noite.

Polo medio da aventura, moita música: doce cancións orixinais xa coñecidas polo público de Bibopalula, como ‘O Terremoto’, ‘As Estrelas’ ou ‘A Poza’, con coreografías, efectos especiais e unha espectacular iluminación para unha experiencia teatral inédita en Galicia pensada para nenas e nenos de 2 a 6 anos.

E á saída do teatro, agasallos e xogos para todas e todos os asistentes.Non perdas a mellor experiencia infantil nos teatros deste Nadal!

Todas e todos os asistentes ao espectáculo deberán adquirir unha entrada, independentemente da súa idade e de se desexan ocupar ou non a súa localidade (Decreto 226/2022, do 22 de decembro publicado no DOG nº13 do 19/01/2023).

Como

chegar

C/ Policarpo Sanz 13, Vigo

36202 Vigo