Desde0,00 €
Auditorio Sede Afundación Ferrol | Ferrol
16 Novembro 2024 17:30
45 minutos
Idade mínima: 3 anos
Co motivo da celebración do DÍA MUNDIAL DA INFANCIA, O 16 DE NOVEMBRO, Afundación convida ó público a asistir ao espectáculo O agasallo das árbores, que está insertado no PROGRAMA CULTURA POR ALIMENTOS .
IMPORTANTE! O acceso ó concerto será mediante a doazón de alimentos infantís que irán destinados ao Banco de Alimentos.
Moitas son as persoas que coñecen os tres porquiños máis famosos do mundo dos contos, pero case ninguén sabe da historia do seus pais e de como foron criados entre as árbores do monte galego e contos de Igualdade
Todo isto seino eu porque mo contou a avoa Carmela que moito sabía dos contos de sempre. Ela, a avoa Carmela, tiña un traxe de superheroína que semellaba un mandilón negro de viúva. Cando sacaba dun dos seus petos, un bocata de mortadela, había conto para a nena. E unha tarde decidíu contar a verdadeira historia da familia de porquiños, onde por certo, hai unha porquiña moi espelida, con ollos de curuxa e lista coma un allo.
É
unha sesión de narración oral, con música en directo e obxectos,
onde
o
fío condutor é a concienciación medioambiental ao tempo que
revisita
un
conto clásico a través das gafas lilas da igualdade.
Praza da Constitución s/n, Ferrol
15402 Ferrol